Nas Xornadas Culturais, aproveitamos para celebrar, por fin, o DÍA DA PAZ, que quedara aprazado desde o mes de xaneiro por mor da climatoloxía. En todas as aulas do cole preparáronse varias cousas para o festexo: cuns cartóns de leite baleiros fixemos uns ladrillos para construir un muro cheiño de palabras feas, contrarias á paz, para despois derrubar. Por outra banda, coas siluetas dos nosos pes fixemos unhas pegadas con palabras bonitas alusivas á paz para formar o "CAMIÑO DA PAZ", que nos levaría á ÁRBORE DA PAZ, onde colocamos unhas fermosas guirnaldas cheas de pombiñas brancas. Os nenos de primaria, ademais, leron biografías de personalidades que loitaron por ter un mundo en paz e para rematar, todos cantamos unha canción.
O dia da paz fixose de rogar pero valeu a pena a espera. Unha actividade moi chula
ResponderEliminarQue bonito xeito de celebralo! Encántame. Unha aperta.
ResponderEliminar