miércoles, 23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Hoxe conmemoramos o DÍA DO LIBRO e, como non podía ser de outra maneira, no cole quixemos celebralo dun xeito especial. Na HORA DE LER, algunhas nenas de 5º de primaria contáronnos un conto dun xeito moi orixinal; no kamishibai: unha forma de contar historias ao estilo xaponés, cunha especie de teatrillo no que mostraron ilustracións do conto: "CASOS Y COSAS DE GUSANO Y MARIPOSA" feitas polos alumnos/as. Ata nos ensinaron uns casulos de gusanos de seda!! Gustounos moito e, para rematar, fixemos dous marcapáxinas máxicos para levar a casa! Foi un día sensacional!

2 comentarios:

  1. Un gran xeito de celebrar tan importante día. Feliz día do libro!

    ResponderEliminar
  2. Que forma mais divertida de celebrar o dia do libro, e os marcapaxinas maxicos xeniais,

    ResponderEliminar