Hoxe tivemos unha mañá gastronómica! Despois de rematar a nosa exposición de froitos de outono, feita grazas a aportación das familias, quixemos, como non, degustalos. Aprendimos a diferencia entre os FROITOS SECOS e os FROITOS CARNOSOS e probamos as castañas asadas no forno, as noces e as avelás; fixemos zume de laranxa e probamos as mandarinas, as uvas e un froito que moitos dos nenos/as non coñecían: a "granada". Tamén probamos un mel riquísimo! e tomamos gusanitos por estar feitos con millo. Agora quédanos facer palomitas de millo, pero iso será outro día porque hoxe xa non deu tempo. Puxémonos as botas!!!
MIL GRAZAS DE NOVO, FAMILIAS, POR SER TAN XENEROSOS E APORTAR TANTAS COUSAS!
Seguro que estaba todo boísimo, non si? Disfrutade da ponte. Unha aperta.
ResponderEliminar