lunes, 16 de noviembre de 2015

PROXECTO O CORPO: OS MÚSCULOS

Despois de estudar o ESQUELETE en profundidade e aprender algúns nomes de ósos que temos no corpo, así como a súa funcionalidade e características, seguimos traballando, agora coa MUSCULATURA. Consultamos os recursos que temos na aula no "recuncho do corpo" e buscamos videos na internet que nos aclarasen as nosas ideas e así foi! Aprendimos que os músculos son blandos, que se encargan do movemento do corpo, estíranse e encollen e hainos de moitos tipos: a lingua e o corazón son músculos e coñecimos o BÍCEPS. Aquí vos deixo os videos para que repasedes na casa.

domingo, 15 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

O pasado luns, día 9 de novembro, celebramos o MAGOSTO do noso cole! Despois de moitos días esperando a que houbera boa climatoloxía para poder festexalo no monte Aloia coma todos os anos, esta vez non puido ser... O tempo non nos deixou e tivemos que facelo no patio do colexio. Ainda así, pasámolo moi requeteben!!! Asamos as castañas aportadas por todas as familias do colexio que estában riquísimas e despois participamos nunha xornada de xogos tradicionais organizada polas mestras de Educación Física. Non paramos! Foi unha xornada xenial!

domingo, 8 de noviembre de 2015

FESTA TERRORÍFICA!!

O día 29 de outubro fixemos unha festa de Samain na aula. A mamá de Fernanda agasallounos cunha fermosa cabaza que baleiramos entre todos, quitámoslle as pepitas, puxémoslle unha arrepiante cara e decorámola para, despois, poñerlle uns candeis, apagar as luces e....Uuuuuhhhh, que medo pasamos!!! Tamén pintamos a nosa cara con debuxos de pantasmas, bruxas, esqueletes, arañas e demais e disfrutamos dunha pequena merendola. Pasámolo moi ben!! Aquí tedes as fotos. 

(Se non sodes capaces de ver o video só tedes que entrar na páxina de "kizoa.es" e activar o plugin (un complemento) para poder ollalo nun móbil ou tablet. Se ainda así non o podedes ver pode ser que non teñades instalado o programa "flash player", polo que habería que ir ao "Play store" e descargalo.)

CABAZAS "MORCEGO" POLO SAMAIN

Para festexar a festa celta do SAMAIN, decoramos dun xeito especial as cabazas que trouxo cada neno/a á nosa aula. Agradecer desde aquí a todas as familias a súa colaboración aportando as cabaciñas. Pasámolo en grande disfrazándoas de morcegos!! Este foi o proceso de transformación (Se queredes ver o video en pantalla completa facede clic na frechiña que hai arriba á dereita do video). Pero que artistazos temos na aula!!

MÚSICA DO VIDEO: "O Samain" de Mamá Cabra e "Thriller" de Michael Jackson

domingo, 25 de octubre de 2015

FAMILIAS NA AULA: VISITA DA MAMÁ DE XURXO!

Como sabedes, consideramos moi importante a implicación das familias no cole, xa que os nenos/as síntense moi motivados ao saber que mamá, papá, o avó, a avoa, ou calquera membro da familia van a vir á aula a facer algunha actividade. Neste curso, son moitos os familiares que se ofreceron a vir e a primeira visita foi a de VANESA, a nai de XURXO, que viu a contarnos un conto precioso preparado por ela mesma: "EL RATONCITO MARIANO". Os pequech@s pasárono pipa escoitándoa! Vaia contacontos máis especial! Encantounos!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACER ESTA ACTIVIDADE PARA NÓS, VANESA!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro conmemórase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Nós celebrámolo o venres 23 cunha sesión de contacontos e a reproducción dun video sobre o consumo responsable. Pasámolo moi ben na biblioteca do noso cole. Aquí tedes algunhas fotos da conmemoración e un dos videos que vimos que axuda moito a reflexionar sobre o noso xeito de consumir.

MÁIS RECURSOS SOBRE O CORPO!

Seguimos recibindo recursos sobre o CORPO HUMANO: libros, contos, información de internet, puzles, xoguetes... Que sorte temos de contar con tantas cousas! GRACIÑAS FAMILIAS! 
Ademais recibimos a visita do esquelete HOWARD, que está pasando uns días na nosa aula e estamos aprendendo algúns nomes de ósos que temos no corpo humano. Estamos encantados con HOWARD!!

domingo, 18 de octubre de 2015

COMEZAMOS CO... ESQUELETE!

Despois de falar cos nenos/as sobre que lles gustaría aprender do corpo humano, decidiron que querían comezar investigando cousas do ESQUELETE. Para iso, consultamos no noso recuncho de recursos sobre o corpo e, nos libros atopamos moita información sobre él. Ademais, Xurxo, trouxo moitos videos adicados ás distintas partes do corpo e aparatos e, nesta ocasión, visionamos o video do APARATO LOCOMOTOR e aprendimos que o esquelete está formado por máis de 200 ósos, que son duros, que o cráneo é un óso que protexe ao cerebro e que as costelas protexen ao corazón e aos pulmóns! Moitísimas cousas!! Resultou moi interesante!


 

XOGOS ON LINE SOBRE O CORPO

Fai clic nas imaxes e a xogar! 
PARTES DA CARA
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/partes%20cara.swf

XOGANDO COAS PALABRAS
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/JugandoPalabras/cuerpo/jugandoconpalabras.html

ROUPA
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/ropa%20verano.swf

OS SENTIDOS
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/correspondencias%20sentidos.swf

PROXECTO: O CORPO HUMANO

Para este trimestre temos previsto investigar cousiñas sobre o CORPO HUMANO. Comezamos preguntándonos que coñecíamos acerca do noso corpo e que nos gustaría aprender sobre él. Novamente pedimos a colaboración das familias e éstas aportaron recursos moi interesantes: libros de consulta, videos, contos sobre o tema. Estamos moi motivados e con ganas de aprender! 
Aquí vos deixo un resumo do que dixeron os nenos/as cando comezamos o proxecto. Pero que listos son!

GRAZAS, FAMILIAS, POR APORTAR TANTOS RECURSOS E AXUDARNOS A APRENDER!

 

 

jueves, 8 de octubre de 2015

FIXEMOS PALOMITAS!!

O prometido é débeda e, como onte non puidemos facer as palomitas de millo porque non deu tempo, hoxe, por fin, fixémolas. Quedamos abraiados ao ver como a bolsiña que contiña os grans de millo facíase grande e formábanse os flocos de millo!! Estaban saborosísimos!!
Como nos gusta este tempo de OUTONO! Mmmmmm!!
 

miércoles, 7 de octubre de 2015

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO!

Hoxe tivemos unha mañá gastronómica! Despois de rematar a nosa exposición de froitos de outono, feita grazas a aportación das familias, quixemos, como non, degustalos. Aprendimos a diferencia entre os FROITOS SECOS e os FROITOS CARNOSOS e probamos as castañas asadas no forno, as noces e as avelás; fixemos zume de laranxa e probamos as mandarinas, as uvas e un froito que moitos dos nenos/as non coñecían: a "granada".  Tamén probamos un mel riquísimo! e tomamos gusanitos por estar feitos con millo. Agora quédanos facer palomitas de millo, pero iso será outro día porque hoxe xa non deu tempo. Puxémonos as botas!!! 
MIL GRAZAS DE NOVO, FAMILIAS, POR SER TAN XENEROSOS E APORTAR TANTAS COUSAS!

lunes, 5 de octubre de 2015

CUMPLE DE YAISA!

Onte, día 4 de outubro, foi o aniversario de YAISA, que xa cumpliu 4 aniños! E, como non, hoxe celebrámolo con moitas ganas na aula. Trouxo unha tarta riquísima de chocolate, soprou as velas, cantámoslle, tirámoslle das orellas e repartiu caramelos para todos. Pasámolo moi ben! 
PARABÉNS NO DÍA DO TEU CUMPLE, YAISA! 

domingo, 4 de octubre de 2015

CHEGA O OUTONO Á NOSA AULA!

Coa chegada do OUTONO, quixemos decorar a nosa aula con follas e froitos típicos. Ainda non rematamos pero aqui tedes as primeiras fotos de como está quedando o noso traballo! Fixemos unha árbore con papel de xornais para darlle ao tronco a consistencia rugosa e colgarémolo da parede. Tamén pedimos colaboración ás familias para traer á clase froitos de outono e facer unha degustación nesta semana que entra! Que ganiñas!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR!