sábado, 31 de enero de 2015

DESCUBRINDO O MUNDO DO CIRCO!

Neste 2º trimestre comezamos ademais cun proxecto de investigación moi bonito e atractivo para os nenos e nenas: o mundo do CIRCO. Como sabedes, cada ano no ceip de Sobrada planificamos os proxectos e actividades tendo en conta un tema transversal determinado. Este curso trátase do TEMPO DE LECER e... que mellor que xestionar o noso tempo de lecer acudindo a unha función circense?
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados! Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!


COMO TRABALLAN ESTES NEN@S!

Estas son algunhas das fotos que lles tomei aos nenos/as mentres estaban "enfrascados" no seu traballo. Prepararon a caixiña para gardar as súas pinturas e materiais e fixeron algunhas fichas. Portáronse moi ben! Dádelle ao play!

UNHA NOVA ANDAINA! COMEZAMOS!!

Ola a tod@s de novo! Por fin escribo no blog despois de tanto tempo! Intentarei mantelo actualizado como se merece a partir de agora, que xa me incorporei ao colexio. Comezo cun marabilloso grupo de 12 nenos e nenas de 3 anos, co que espero pasar moitas e fantásticas experiencias e contárvolas a vos, como veño facendo desde hai 3 anos nada menos. Desde aquí un agarimoso recordo para os pequechos que agora están en 1º (É inevitable botarvos tanto de menos... pero alégrame moito que vos vaia moi ben) e unha calorosa benvida aos novos 12 membros da nosa aula de 3 anos!! 
 

lunes, 16 de junio de 2014

TRES CURSOS INOLVIDABLES!!

Bueno, parece que o curso chega ao seu fin. Este venres, os pequechos despídense da súa etapa infantil para comezar outra moi importante: a chegada á EDUCACIÓN PRIMARIA. 
Despois de tres anos xuntos e, botando a vista atrás, son moitísimas e marabillosas as experiencias vividas e compartidas todos xuntos. Dame moita morriña e moita pena que se acabe pero é lei de vida e agora tócavos CRECER e voar ata o cole grande!! A modo de homenaxe para os meus pequechos, fixen unha selección de fotos ó longo destes 3 anos. Faltan moitísimas no video, porque teño tantísimas fotos e tan bonitas que non tería fin, pero espero que vos gusten as escollidas. 
Para min, sodes todos/as e cada un/unha moi especiais e sempre vos levarei no meu corazón. De todos xeitos, xa sabedes onde estará a profe Eva sempre que a precisedes! Por sorte, verémonos moito e seguirei a vosa andaina na Primaria desde a miña aula.
Por suposto, aproveitar este momento para AGRADECER a todas e cada unha das familias destes nenos/as a súa colaboración ó longo destes tres anos! A educación dos nenos/as está nas nosas mans e só é posible cunha boa relación FAMILIA - ESCOLA. Por iso: MIL GRAZAS!!!
A POR TODAS, NENOS!! QUÉROVOS MOITO!!
VIDEO INFANTIL PROMOCIÓN 2011-2014 from ceip sobrada on Vimeo.

jueves, 12 de junio de 2014

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

O pasado día 30 de maio, os nenos e nenas de Infantil participamos, xunto co resto do colexio no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que celebramos todos os anos por estas datas. Quixemos facelo dun xeito especial, cunha obra de teatro alusiva ao tema transversal que estivemos a traballar durante todo o curso: A IGUALDADE, A INCLUSIÓN, O RESPETO POLAS DIFERENZAS E A COEDUCACIÓN. Está baseada no conto "POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA" do autor JÉRÔME RUILLIER e todos os rapaces, tanto os de 5 anos, que levaron o peso da obra por rematar ciclo, como os de 3 e 4, que interpretaron as cancións da obra, fixeron un traballo memorístico e de dramatización sensacional!
Se non puidéchedes asistir á Casa da Cultura de Tomiño ese día, anímovos a que vexades este estupendo traballo dos pequechos! Uns craks!!
OBRA DE TEATRO: "POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA"
POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
PREPARACIÓN DOS TRAXES E O DECORADO:

domingo, 25 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE NOÉ!

E chegoulle o turno a NOÉ, o derradeiro cumple que celebramos neste curso. Ainda que cumple en verán (7 de agosto), non quixemos perder a oportunidade de festexar con él o seu aniversario, titarlle das orellas e cantarlle. Noé trouxo caramelos para todos e pasámolo en grande!! 
PARABÉNS, NOÉ!

jueves, 22 de mayo de 2014

CELEBRAMOS MÁIS CUMPLES: ÁLEX C. E GAEL

Así resultou a celebración dos cumples de ÁLEX C. (2 de Xuño) e GAEL (10 de xuño). Festa, cancións, caramelos e moita diversión!!! 
PARABÉNS, RAPACES! DENTRO DE NADA XA TEREDES 6!!

domingo, 18 de mayo de 2014

CUMPLES DE BRUNO E HUGO!

Nesta ocasión celebramos os aniversarios de BRUNO e HUGO, que, ainda que cumplen en verán, quixemos celebralos como é debido antes de rematar o curso. Bruno cumplirá os 6 anos o día 29 de xuño e Hugo o día 8 de agosto. Coma sempre, disfrutamos un montón!!
PARABÉNS, CHICOS!!

domingo, 11 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN DO CUMPLE DE GISELA!

Seguimos celebrando cumples e, nesta ocasión, tocoulle o turno a GISELA, que ainda que cumple en verán (28 de xullo), non quixemos perdernos a súa celebración nin a posibilidade de cantarlle e tirarlle das orellas antes de que remate o curso! Mirade que ben o pasamos con ela!

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ÉRIKA!

O pasado día 1 de maio foi o aniversario de ÉRIKA! Pasámolo pipa con ela! Aqui tedes as fotos da celebración na clase!
MIL PARABÉNS, ÉRIKA!

domingo, 27 de abril de 2014

IRENE VEU DE VISITA!

Este venres pasado recibimos unha sorpresa impresionante! IRENE, a que fora a nosa compañeira nos dous cursos anteriores veu a visitarnos!! Canto a botamos de menos!! Trouxo caramelos para agasallar aos pequechos e, como non, recibímola cunha gran festa!!! Está moi maior, como todos eles... Pasámolo xenial e esperamos que ela tamén estivera a gusto!! 
VOLVE CANDO QUEIRAS, IRENE! 
ENCÁNTANOS TERTE EN SOBRADA!

miércoles, 23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Hoxe conmemoramos o DÍA DO LIBRO e, como non podía ser de outra maneira, no cole quixemos celebralo dun xeito especial. Na HORA DE LER, algunhas nenas de 5º de primaria contáronnos un conto dun xeito moi orixinal; no kamishibai: unha forma de contar historias ao estilo xaponés, cunha especie de teatrillo no que mostraron ilustracións do conto: "CASOS Y COSAS DE GUSANO Y MARIPOSA" feitas polos alumnos/as. Ata nos ensinaron uns casulos de gusanos de seda!! Gustounos moito e, para rematar, fixemos dous marcapáxinas máxicos para levar a casa! Foi un día sensacional!

lunes, 21 de abril de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ARÓN!

O pasado día 12 de abril foi o ANIVERSARIO DE ARÓN, que xa cumpliu 6 anos! Nós celebrámolo na aula o día 11, previo ás vacacións de Semana Santa, e pasámolo moi requeteben! Cantámoslle o cumpleaños felíz, tirámoslle das orellas e él repartiu caramelos para todos! Aquí tedes as fotos da súa celebración.

jueves, 3 de abril de 2014

DÍA DA PAZ EN SOBRADA!

Nas Xornadas Culturais, aproveitamos para celebrar, por fin, o DÍA DA PAZ, que quedara aprazado desde o mes de xaneiro por mor da climatoloxía. En todas as aulas do cole preparáronse varias cousas para o festexo: cuns cartóns de leite baleiros fixemos uns ladrillos para construir un muro cheiño de palabras feas, contrarias á paz, para despois derrubar. Por outra banda, coas siluetas dos nosos pes fixemos unhas pegadas con palabras bonitas alusivas á paz para formar o "CAMIÑO DA PAZ", que nos levaría á ÁRBORE DA PAZ, onde colocamos unhas fermosas guirnaldas cheas de pombiñas brancas. Os nenos de primaria, ademais, leron  biografías de personalidades que loitaron por ter un mundo en paz e para rematar, todos cantamos unha canción.
 
DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 2 de abril de 2014

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE ANXO E DE ÁLEX I.!

Esta semana tivemos unha gran festa de aniversario! Cumpliron 6 añazos ANXO (día 30 de marzo) e ÁLEX I (día 31 de marzo). Por suposto celebrámolo como é debido: tiróns de orellas, cancións, baile, caramelos e todo por partida doble! Pasámolo pero que moi ben! 
MOITOS PARABÉNS PARA OS CUMPLEAÑEROS!!!