domingo, 18 de marzo de 2012

E CHEGAMOS A... OCEANÍA

A piques de rematar o 2º trimestre, achegámonos ao continente que nos queda por visitar: OCEANÍA.
Oceanía é o continente máis pequeno do planeta e consta dun conxunto de terras situadas no océano Pacífico. Nós imos centrar as nosas investigacións en AUSTRALIA, ainda que ten outros fermosos lugares que visitar coma Nueva Zelanda ou Nueva Guinea.
Para achegarnos a este marabilloso país esperamos o vindeiro venres a visita de SUSI, a mamá de Gael, que percorreu Australia hai anos e virá a contarnos a súa experiencia. Estamos ansiosos de escoitala pero de momento podemos empezar a coñecer un pouquiño este país a través destes videos:

2 comentarios:

  1. Que pouquiño vos queda xa para dar a volta ao mundo!! Gústame moito a vosa viaxe. Que aprenderedes sobre Oceanía? Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Ola Ana! Gracias polos teus comentarios... Síí, xa queda pouquiño para rematar a nosa viaxe, ainda que da pena, porque este proxecto da moito de sí. Debería durar todo o ano!! Jeje. Un biquiño!

    ResponderEliminar