O luns pasado tivemos dúas visitas na nosa aula. Viñeron PAULA, unha amiga da profe, e ANA Mª, a mamá de Iria. Ambas son de Arxentina e, coñecendo tan ben como coñecen a cultura do seu país e como nós estamos estudando o continente americano, ofrecéronse a vir a explicarnos cousiñas de Arxentina.
Paula falounos do tempo atmosférico que teñen alí nestes intres, xa que mentres nos estamos en inverno, alí é verán e vai moito calor. Tamén ensinounos un mapa da Arxentina e falounos da figura do GAUCHO, un campesiño que se encarga das vacas e dos cabalos; da indumentaria que levan.. Explicounos cal é a comida e os doces típicos; o baile: tango e chamamé; a cidade de Buenos Aires e moitas cousas máis!
Para apoiar as súas explicacións utilizou as seguintes imaxes.
Despois viu a mamá de Iria, ANA, e preparounos MATE!, unha infusión feita con herba mate, típica da Arxentina e máis países de sudamérica. Prepárase nun recipiente feito de calacús, cou auga quente ou leite e azucre. Despois bébese cun sorbete chamado "bombilla". Gustounos moitísimo!!
MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA E ANA, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS DE ARXENTINA E DA CULTURA DO MATE E COLABORAR NESTE PROXECTO!
Hola Eva, me encanta este proyecto, cuánto van a aprender y cómo se tienen que divertir.
ResponderEliminarUn besete