viernes, 16 de marzo de 2012

VISITA DA MAMÁ DE ANTONIO

Onte veu DELY, a mamá de Antonio, para falarnos de PARÍS. Ela e a súa familia son de Francia e como durante esta semana estivemos falando do continente europeo, que mellor ocasión que aproveitar que contamos na aula cunha familia francesa. Dely contounos moitas cousas de París: falounos da Torre Eiffel, do río Sena, das pontes que cruzan o río, dos barcos turísticos ("BATEAUX") como medio para percorrer a cidade, da catedral de Notre Damme e de...EURODISNEY! Síí! En París podemos atopar a Mickey, Pluto, Goofy e todos os nosos amigos dos debuxos animados de Disney! Ensinounos moitas fotos e ata trouxo un prato típico de Francia: a QUICHE LORRAINE! Mmmmmm! 
Quero agradecer dende aquí a súa visita, porque cando máis motivados están os peques e cando máis disfrutan é con estas actividades nas que participa a familia. 
MIL GRAZAS, DELY!

1 comentario:

  1. ¡Qué suertaza! Seguro que os peques estiveron atentísimos e aprenderon un montón. Da gusto contar con familias tan colaboradoras. Biquiños.

    ResponderEliminar