martes, 15 de mayo de 2012

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1993 como medio para crear conciencia acerca das cuestións relacionadas coa familia.
A familia é un dos vínculos afectivos máis poderosos. É o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nen@s crecen e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección, ademais dunha formación integral coma seres humanos. Porque a FAMILIA, en todas as súas formas, é o máis importante que temos e debemos coidala e mimala SEMPRE, aquí vos deixo unha receita que atopei no blog DÍAS DE COLE, que me gustou moito:


FELÍZ DÍA, FAMILIAS!

4 comentarios:

  1. Feliz día das familias. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Que buena receta! Feliz día de las familias a todos. Profe Belén

    ResponderEliminar
  3. Ola a todos. Cheguei ao voso blogue por azar, estaba con miña filla procurando algo sobre A noite das mudanzas (foi o conte que lles contei a ela e aos seus amiguiños na gardería) e batín con vós. Vou ser sincero, encantoume o voso traballo. Eu son profe de secundaria pero tamén pai de tres nenas (2-5-9 anos) e, claro, trato de seguir todo o que podo material para os anos das miñas fillas. Unha pregunta, pq non vos dades de alta en redeiras e no grupo "o mundo da educación infantil" publicades o voso traballo? Eu tomeime a liberdade de facer referencia alí á vosa obra de teatro.
    Veña, ánimo e seguide así: POR UNHA ESCOLA PÚBLICA DE TODOS PARA TODOS.

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas grazas, Carlos! Alégrame que che gustara a obra de teatro "A noite das mudanzas" que fixemos o ano pasado polo festival das Letras Galegas. Os peques traballaron moitísimo nos decorados e na aprendizaxe do que tiñan que dicir e... eu tamén penso que quedou moi bonita.
    Pai de 3 nenas nada menos! Noraboa! É un pracer coñecer a pais que se preocupan tanto por buscar materiais para os fillos.
    Graciñas por facer referencia á nosa obra en redeiras. A verdade é que nunca participei alí pero dareime de alta seguro!
    Animo tamén para ti, que eres profe e, coma tí:
    POR UNHA ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S!

    ResponderEliminar