martes, 1 de mayo de 2012

CHOVE NA NOSA AULA!

Parece mentira, verdade? Pois si, con isto de estudar a auga e aproveitando que estamos coñecendo en qué consiste o CICLO DA AUGA, ocurríusenos facer unhas nubes con choiva para decorar a nosa aula e ambientala acorde con noso proxecto. Ademais estamos creando un novo recuncho na clase adicado á AUGA e nel podemos atopar toda a información que temos para investigar: libros e contos da biblioteca e materiais aportados polas familias. Utilizarémolo tamén para facer un rexistro do que vamos aprendendo sobre o tema. Cando o teñamos rematado xa volo ensinaremos. Graciñas por colaborar con tantas cousas! 
ASÍ FIXEMOS AS NOSAS NUBES:

2 comentarios:

  1. Quedáronvos chulísimas! Gústanme un montón. E nótase que disfrutaron facéndoas. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Me ha gustado mucho! Estoy seguro que han aprendido mucho tus niñ@s! Os ha quedado genial. Buen trabajo! :) Saludos.

    ResponderEliminar