viernes, 18 de mayo de 2012

A AUGA EN ÁFRICA: VISITA DE MARCOS E MONTSE

O xoves, día 10 de maio, tivemos a gran sorte de recibir a MARCOS e a MONTSE, unha parella amiga que hai poucos meses estivo de safari por ÁFRICA. Alí puideron ver de cerca ós animais salvaxes e exóticos do lugar e convivir con tribus coma a dos MASAIS. 
Tamén foron testemuñas directas da escasez de auga que exite en África debido ao excesivo calor e ao pouquiño que chove.  Contáronnos o uso que alí faise da auga, como fan para racionala, para bañarse, para ir a recoller auga, para lavar os platos, etc. Ademais, na súa estancia en Kenia, visitaron a escola da tribu Masai, as súas casas, faláronnos dos seus costumes e trouxeron moitas fotos, co cal a súa charla resultou interesantísima para os nen@s.
A continuación, déixovos coa selección de fotos da súa viaxe que eles fixeron para mostrarlle aos nen@s:
Non teño palabras para agradecer toda a súa boa disposición para vir á nosa aula a ofrecernos esta marabillosa conferencia! GRACIÑAS, de corazón!!

1 comentario:

  1. Tivo que ser unha charla interesantísima e moi boa para que se desen conta de que hai países onde por desgracia non poden dispor de auga como facemos nós. Un bico.

    ResponderEliminar