Ainda que estes últimos días de maio estivemos moi atarefados co festival do colexio e as xornadas culturais, seguimos avanzando no noso proxecto sobre a auga. Esta vez centrámonos nos ESTADOS DA AUGA. Cando comezamos a investigar comprobamos como se forman as nubes facendo vapor de auga na clase: Era o estado gaseoso. Agora quixemos saber como se forma o xeo e para iso utilizamos AUGA, por suposto, unha cubiteira o o conxelador do cole grande. Enchimos a cubiteira con auga, levámola ao conxelador e á mañá seguinte... atopamos a auga dura e moi frrrríaa!!!
Era o ESTADO SÓLIDO da auga.
Aquí tedes o video da actividade:
Que frío debía estar! Non hai mellor xeito de aprender as cousas que experimentando. Un biquiño.
ResponderEliminarÉ algo que lles encanta! Nós traballámolo cos peques de 3 anos aproveitando un día que nevou un chisco e foi fantástico. Seguro que o están a pasar moi ben, ademais agora pronto derrete. Un bico.
ResponderEliminar