A semana pasada puidemos contar coa presenza de dúas persoas excepcionais: TOÑO e RAQUEL, que viñeron a contarnos un conto na linguaxe de signos, que é a que utilizan os nen@s que non poden escoitar tan ben coma nós e precisan facer as letras coas mans para comunicarse. Mentres a profe contaba o conto, os nen@s puideron ver como Toño e Raquel transformaban esas palabras en linguaxe de signos.
Ademais, ensináronnos a cada un como se di o noso nome, como se dan as grazas, como se saúda, e moitas outras palabras utilizando esta linguaxe. Pasámolo moi ben e aprendimos moito! MIL GRAZAS PARA ELES!!
A xoaniña Rosmona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario