jueves, 7 de junio de 2012

DÍA DOS AVÓS EN SOBRADA!

O pasado mércores, 30 de maio, foi un día moi especial para todo o colexio: O DÍA DOS AVÓS. Grazas á proposta da asociación "ABUELOS PARA LA EDUCACIÓN" convidamos aos avós e avoas do noso alumnado a unha xornada no colexio para ofrecerlles unha merecidísima homenaxe. Quero agradecer especialmente a boa acollida da invitación por parte dos avós dos nen@s que, sin dubidalo, acudiron ese día sinalado ao noso cole agasallándonos coa súa presenza. Estiveron desde as doce ata as dúas e, nese tempo, tomaron un tentempié, disfrutaron cos debuxos que os seus net@s lles adicaron e o alumnado contoulles o conto titulado: "AVÓS". Para rematar bailamos e cantamos a canción "AL MUNDO ENTERO QUIERO DAR..." 
Encantounos celebrar con vós este día e esperamos repetilo!
  MOITÍSIMAS GRAZAS, AVÓS!




 

4 comentarios:

  1. Q guapos estan os peques cos avos notase q o padaron moi ben e q lles fixo moita ilusion

    ResponderEliminar
  2. como disfrutamos todos destas iniciativas tan "guais" graciñas a todos os profes que traballaron arreo para conseguir este dia dos avos tan especial

    ResponderEliminar
  3. ¡Qué boísima iniciativa, poder compartir unha xornada cos avós! Seguro que disfrutaron tanto os netos/as como os seus avos/as. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que foi unha xornada moi especial para os nen@s e esperamos que os avós disfrutasen dela.
    Moitísimas grazas a todos eles por asistir e moitísimas grazas, familias, por participar nestas actividades. Sen vós non sería posible!!

    ResponderEliminar