miércoles, 17 de octubre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE DESIRÉE

Hoxe tivemos a 2ª sesión do "CONTA COMIGO", a actividade que trae cada semana á nosa aula a un familiar dos pequechos. Nesta ocasión recibimos a NURIA, a mamá de Desirée, que nos contou o conto dos 3 porquiños! Para agradecerlle a súa visita agasallámola cun diploma. Que ben o pasamos! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, NURIA, POR PARTICIPAR NO "CONTA COMIGO"!! 

2 comentarios:

  1. Faltounos a foto de grupo...Espero que a fagamos noutra ocasión, Nuria! Un biquiño e gracias!

    ResponderEliminar
  2. Pasaríanno en grande. Os tres porquiños é un conto que normalmente lles gusta moito. Con el o éxito está asegurado. Seguide disfrutando das familias contacontos. É todo un luxazo poder contar con elas. Unha aperta.

    ResponderEliminar