domingo, 28 de octubre de 2012

MAGOSTO EN SOBRADA!

Este venres, por fin, festexamos o MAGOSTO!! Ó final, tivemos que facelo no patio do colexio porque o tempo, neste mes de outubro que está a piques de rematar, non se portou moi ben con nós e con tanta choiva non puidemos ir ao monte Aloia pero non nos importou porque disfrutamos un montón!!
Despois de degustar as deliciosas castañas aportadas polas familias, a profe Rosa preparou uns xogos divertidisimos para tod@s. Aquí vos deixo o video do magosto dos pequechos e de como fixeron o recipiente para as castañas! (Lembrade que nos vindeiros días, tamén colgaremos o video do magosto xeral no blog do colexio, así que non deixedes de visitalo!)
 A FESTA DO MAGOSTO NO COLE: PREPARANDO A CAIXIÑA PARA AS CASTAÑAS:

3 comentarios:

  1. Q PENA Q NON PUIDERAN IR O MONTE ALOIA PERO BUENO PASARONO BEN IGUAL Q E O Q CONTA

    ResponderEliminar
  2. Ola Ana! Si, foi unha pena... Esperemos que para o próximo ano o tempo acompañe...Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Realmente foi unha pena q o tempo non acompañase para sair o monte, pero polas caras de felicidade q tiñan pasaronno super ben. A idea das caixiña XENIAL. Un saudo

    ResponderEliminar