Hoxe, como cada 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e, como non, visitamos a nosa biblioteca onde a profe Lucía contounos un conto precioso titulado "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA" baseado nunha historia real que sucedeu en Irak: A historia de Alia Muhammad Baker, unha bibliotecaria que loitou por salvar o valioso fondo da biblioteca durante a invasión de Irak e que nos lembra que, no mundo enteiro, o amor pola literatura e polos libros non teñen fronteiras.
Ademais, o noso AXEXO, a mascota da biblioteca, fíxonos un agasallo para levar na nosa carpeta cada fin de semana: un boletín con información sobre a biblioteca!!
Aquí vos deixo a narración do conto e as fotos da sesión de hoxe na biblio.
Gustannos moito estas iniciativas para fomentar a lectura nos nosos pequechos. Graciñas pola vosa dedicacion.
ResponderEliminarGraciñas tamén a ti, Belén, por esa súper cabaza que nos regalaches para facer as chulas. Penso que lles van a saír riquísimas!!! Un biquiño
ResponderEliminar