viernes, 28 de diciembre de 2012

SORPRESA DOS NEN@S DE 2º!

Antes de rematar as clases e da chegada de Papá Noel ao noso cole, tivemos unha sorpresa moi pero que moi especial: Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria coas súas mestras ELENA e Mª JOSÉ viñeron á nosa aula para darnos unha sorpresa marabillosa. Dos 31 nenos que viñeron, 13 puideron rememorar os tempos nos que eles estiveron en infantil, xa que esta tamén foi a súa aula e eu tamén fun a súa profe, así que resultou moi emotivo para min a súa visita. Todos se portaron estupendamente, os pequechos e os maiores. Eles recitáronos unha fermosa poesía utilizando todas as letras do abecedario e nós quixemos corresponderlles cantando e bailando unha panxoliña.
Agradecer, por suposto, ás profes de 2º esta gran sorpresa que nos deron. FOI MOI EMOCIONANTE E INESQUECIBLE! 

SORPRESA 2º CURSO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

3 comentarios:

  1. ¡¡¡Que bonito!!! que marcha se gastan estes pequechos e a sua profe.Graciñas a todos os que facedes posibles estes momentos cos que tanto disfrutamos.Feliz Ano Novo a todos.

    ResponderEliminar
  2. Menuda sorpresiña tuvéchedes! Da gusto compartir experiencias cos nenos maiores. Vese que todos disfrutaron un montón. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Alégrame que che gustara, Belén! Felíz ano para ti tamén! Un biquiño

    ResponderEliminar