lunes, 3 de junio de 2013

VISITA A CAIXANOVA: "O XOGO DAS EXPRESIÓNS"

O pasado día 23 de maio, xoves, fixemos unha saída ao Centro sociocultural Caixanova, en Vigo, para recibir unha charla sobre ARTE e sobre como as obras de arte poden reflectir moitos e diversos sentimentos nas persoas. Poden facernos chorar, rir, poden asustar, asombrar, poden suxerirnos cousas... Pasámolo xenial alí e ata tivemos un TALLER DE ARTE!! Os pequechos fixeron unha cara con plastilina sobre papel e colorearon unha fermosa bolboreta.
Chegando a hora da merenda achegámonos co autobús ao PARQUE DE CASTRELOS e disfrutamos dos columpios e do bo tempo. Como nos gustan as excursións!!

VISITA CAIXANOVA - CASTRELOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

1 comentario: