O pasado venres, tivemos a sorte de recibir á mamá de Bruno: CAROLIN, que viu a facernos unha receita con millo: HUMITAS. Sabedes o que son? Eu tamén me quedei perplexa co nome pero son EMPANADILLAS DE MILLO, ATÚN E QUEIXO.
O que pasa é que Carolin é de Uruguai e alí chámanse así. Fixádevos en
todo o que aprendemos coas vosas visitas, papis e mamis!
Unha vez máis, como se pode apreciar no video, os peques puxéronse as botas con esta receita!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAROLÍN POR FACER ESTA ESTUPENDA RECEITA CON NÓS E ENSINARNOS TANTO!
HUMITAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.