O mes pasado, o 28 de febreiro, o alumnado do colexio de Sobrada participou, xunto cos alumnos/as dos restantes centros de Tomiño na CARREIRA SOLIDARIA PARA AS VACACIÓNS EN PAZ, na que se recaudaron fondos para axudar aos nen@s saharauis a vir á Galicia. Foi unha marabillosa xornada de convivencia entre os colexios todos unidos por unha boa causa. Unha pena que da nosa clase de catro anos só puideran acudir
9 nen@s, porque a gripe, por desgracia, estivo moi presente nesa semana... De todos xeitos, pasámolo en grande: estivemos xuntos, corrimos moito, merendamos e, para rematar e repoñer forzas, tomamos un chocolate quentiño que estaba de vicio!
Os resultados foron inmellorables xa que só no noso colexio chegamos a recaudar a cifra de 658,14 euros!! Non está nada mal!!
GRACIÑAS A TODOS OS PATROCINADORES E AOS PEQUES POLO SEU ESFORZO PARA CONSEGUILO!
CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario