lunes, 18 de marzo de 2013

COMO MEDRAN AS NOSAS PLANTAS!

A semana pasada, como nos quedaran algunhas plantiñas por plantar, puxémonos coas mans na terra e rematamos de plantar o que quedaba. Ademais plantamos MILLO! Como non! Temos moitas ganas de ver como dese granciño de millo que botamos na terra brota unha planta. Xa veremos que pasa!
PLANTANDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

De momento, cada día é un descubrimento porque dende a primeira vez que plantamos e, despois dos nosos coidados, de regar, etc, as plantas medran cada día máis!! Velaquí tedes a proba:

1 comentario:

  1. Con tan bos coidados non me extraña nada que medren tan ben. Un biquiño.

    ResponderEliminar