domingo, 25 de marzo de 2012

CONFERENCIA DE SUSI SOBRE AUSTRALIA

Como xa vos comentara, o venres recibimos a visita de SUSI, a mamá de Gael, da nosa clase, e de Jorge, de 5 anos. Veu a falarnos do último continente que nos quedaba por estudar: OCEANÍA, e máis concretamente de AUSTRALIA, un país que ten fermosas lembranzas para ela xa que, hai anos, viaxou ata alí e percorreu, en tándem nada menos, a zona menos poblada do país. Imaxinádevos cantas cousas tiña que contarnos e como disfrutamos escoitándoa!
Susi preparou, ademais, un fantástico power point con fotos da súa estancia en Australia e falounos de moitas curiosidades do país, da súa fauna e flora, do deserto, dos primeiros poboadores: os aborígenes...e moitísimas cousas máis tan interesantes coma estas.
Aquí tedes o traballo que fixo Susi, así como dous videos de como resultou a súa conferencia. Agradecerlle por suposto, unha vez máis a súa visita. Gustounos moitísimo!!!
É unha marabilla poder contar con papás e mamás que se implican tanto na escola e nos axudan a aprender!!
GRACIÑAS, SUSI, DE CORAZÓN!

1 comentario:

  1. Que boísima experiencia, e ademais moi gráfica. Canto tiveron que aprender, eses raparigos e raparigas! Da gusto contar con familias así. Unha aperta.

    ResponderEliminar