jueves, 8 de marzo de 2012

TRIBU AFRICANA: OS KIKUYU

Xa sabedes que esta semana estivemos de safari por África. Pois ben, viaxamos ata KENIA e alí coñecimos o segundo monte máis alto de África despois do Kilimanhjaro: o MONTE KENIA. Na cima deste monte vive a tribu máis numerosa de Kenia: OS KIKUYU, veciños do poboado MAASÁI.
Os kikuyu son de raza negra; gústalles pórse guapos con plumas de cores, colares, pendentes e levar a cara pintada. Teñen rabaños de ovellas, cultivan té e café e viven nunhas casas moi curiosas feitas de palla e barro.
Aquí vos deixo un video desta tribu para que vos fagades unha idea de como son:

Despois de estudalos un pouquiño, os peques quixeron pórse na súa pel e disfrazarse de kikuyu. Que guapos estaban!

1 comentario: