O pasado mércores, 27 de febreiro, fomos de excursión a Tui para visitar o SUPERMERCADO FROIZ. Como este trimestre estivemos falando tanto dos alimentos, ANA, a mamá de NOÉ, que traballa alí, tivo a amabilidade de convidarnos a ir para coñecer ben como é un supermercado, en que zonas se divide e que productos podemos atopar nel.
Fixemos un percorrido polo súper da man de YOLI,
a encargada da tenda, e ao chegar á FROITERÍA puidemos saudar á mamá de
Noé, que nos ensinou todas as variedades de froitas que alí teñen.
Ademais aproveitamos para facer a compra e mercamos todos os alimentos
feitos con millo que atopamos (tendo en
conta que comezamos a estudar máis a fondo este cereal). Antes de
marchar déronnos un gran agasallo e saímos de alí súper contentos coa
nosa bolsiña azul.
AGRADECER moitísimo a boísima acollida que tivemos, a axuda que tivemos por parte de Yoli e de Ana para coñecer todas as dependencias da tenda, as explicacións, os agasallos... En definitiva, que foi unha xornada marabillosa e estivemos encantados/as de facer esta visita porque nos trataron moi pero que moi ben. Ao saír aproveitamos para visitar tamén a praza de abastos... Foi xenial!

GRAZAS, ANA, POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE PODER VISITAR O FROIZ!
Es importante conocer el sitio donde compramos y a su gente. Genial la experiencia.
ResponderEliminarHola Eva alegrome moito de que bos gustase a visita o super e que o pasases xenial seguro que os pequechos quedaron encantados cos agasallos me alegro un monton para min foi un pracer poder colaborar cunha cousa asi xa que moitas veces non o podo facer un saudo Ana
ResponderEliminarJo, Ana! Graciñas de corazón! Quedamos encantados coa visita e é unha gran sorte poder contar coa colaboración da familia dos peques para actividades coma esta. Axudan moito para a súa aprendizaxe!! A visita veunos xenial para o proxecto que estamos a traballar!!
ResponderEliminarMIL GRAZAS!!!
Menuda sorte tivéchedes! Seguro que disfrutaron un montón da saída ao mesmo tempo que aprenderían moitísimas cousiñas. Unha aperta.
ResponderEliminar