Hoxe foi un día cheo de emocións! O reencontro cos compañeiros e a volta á escola foi, como esperábamos, todo un éxito! Ademais, temos un neno novo na clase: chámase DANIEL e estamos moi contentos de recibilo!
Ó longo deste curso centrarémonos nun tema que consideramos esencial: A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. A COEDUCACIÓN. Temos moito que investigar sobre este tema que intentaremos abordar desde distintas perspectivas: o papel do home e da muller no fogar: os roles, os xogos e xoguetes, a publicidade, os oficios..., evitando calquera tipo de discriminación e contando, coma sempre, coa colaboración das familias.
BENVIDOS DE NOVO!
Moi feliz inicio de curso! Encántame a vosa liña de traballo e a nova cara do blogue. Un bico.
ResponderEliminarAquí comeza una nova andaina xuntos, todos estamos moi contentos de volver a experimentar cousas xuntos. Este será un curso cheo de emocions e bos momentos, ¡a por todas!
ResponderEliminarMoi feliz curso para ti tamén, Ana!
ResponderEliminarBelén, graciñas por comentar! Seguro que entre todos conseguimos que sexa un curso moi especial, xa que é o último que pasarán na etapa infantil os pequechos!... Menos mal que ainda nos quedan moitas sorpresas por vivir!!
Un biquiño grande!