sábado, 28 de septiembre de 2013

MANTEIS PARA A HORA DA MERENDA!

Esta semana, cada neno/a da aula decorou con témpera e pinceis un papel en tamaño A3. Procuraron utilizar todo tipo de cores e cada quen debuxou o que quixo: desde a súa familia ata froitas, unha paisaxe, un debuxo abstracto... Quedaron IMPRESIONANTES e decidimos plastificalos e utilizalos de mantelito para o momento da merenda. Menudos pintores están feitos! 
MANTELITOS ARTÍSTICOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
O RESULTADO: MANTEIS CREATIVOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario