O primeiro día do curso fixemos unha actividade que nos gustou moito. Como na clase traballaremos moito en grupos cooperativos, axudándonos os uns aos outros, tiñamos que formar os EQUIPOS, é dicir, os nen@s que compartirán mesa ó longo do primeiro trimestre. Para facelos, repartin a cada neno/a unha peza correspondente a 1 dos 5 puzzles distintos que se tiñan que crear (xa que este ano na clase haberá 5 equipos). Unha vez que todos tiñan a súa peza, debían levantarse e buscar aos compañeiros que tiñan as outras pezas parecidas a súa e que serían os seus compañeiros de equipo. Despois, entre todos, comentamos as imaxes de cada puzzle, todas elas alusivas ao tema da coeducación.
FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Que bonito Eva, sen palabras.
ResponderEliminar¡Qué buenísima idea, Eva! Me la apunto. Un beso.
ResponderEliminarTe digo lo mismoq ue Ana, qué idea más genial. Un saludo
ResponderEliminarQue grandes estan os nosos pequechos ata o banco pa sentarse lle queda pequeno q rapido crecen
ResponderEliminarAlégrame que vos gustara! Estes pequechos son unhas máquinas porque enseguida atoparon aos seus compis de equipo...
ResponderEliminarSi que medraron si...MOITÍSIMO!!
Un biquiño Ana, Miren e mamis de Anxo e Silvi!