Esta semana xurdiu as posibilidade de traballar a ARTE como proxecto cos peques. Onte fixeron uns manteis individuais para o momento da merenda utilizando témperas e pinceis que lles quedaron preciosos! A partir dese momento comezamos a falar do que significaría ser artista e mostraron moito interese. Ademais hoxe recibimos a primeira hora a visita dos nenos e nenas de 4 anos maila profe Miriam, que viñeron curiosamente a contarnos o conto: "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL" do autor ERIC CARLE.
Gustounos moitísimo e despois de escoitalo comezamos un gran debate entre todos onde cada neno/a que quixo falar, aportou a idea que tiña sobre a ARTE: Que é? Quen fai ARTE? Como é? Coñecemos algún/ha artista? Que podemos utilizar para facer ARTE? Estas foron algunhas das súas impresións:
- Arte é "pintar con pinceis" (ALEXIA)
-"Alguna persona que pinta bien" (IRIA)
-"La escultura también es arte" (IRIA)
-"Alguien que pinta cosas bonitas" (TANIA)
-"O que fai ben os cadros" (ARÓN)
-"Alguén que fai cousas de madeira" (ANXO), "de piedra" (ÁLEX I.), "de ladrillo" (ALBA de 4 anos), "de hielo" (IRIA e BRUNO)
-"Como la estatua de la libertad" (BRUNO)" que sujeta una antorcha" (IRIA)
-"As fotos tamén son arte" (ANXO)
-"A arte tamén está nos puzzles" (TANIA)
-"Mi abuela es artista. Pinta cuadros" (HUGO)
Ademais, entre todos e todas lembramos que o ano pasado estudiaramos a ARCIMBOLDO e os seus peculiares retratos con froitas e legumes. E tamén falamos de VAN GOGH, xa que coñecimos un dos seus cadros máis famosos mentres investigabamos sobre o MILLO. Pero déuse a casualidade de que estes dous artistas eran homes! E que pasa coas mulleres? Haberá mulleres pintoras? Escultoras? Fotógrafas? Todos dixeron: -SIIIIIIIIII Só nos queda coñecelas. Investigar un pouquiño sobre o tema.
Preguntámoslles: E COMO PODEMOS FACER PARA INVESTIGAR AGORA? ONDE PODEMOS ATOPAR INFORMACIÓN? A QUEN LLE PEDIMOS AXUDA?
Eles contestaron:
- Ás familias, aos avós, aos primos, aos profes do cole grande, aos irmáns que estudian no cole grande.
- Na pizarra máxica e no ordenador porque hai INTERNET
- Na biblioteca do cole
Eles sí que son artistas! Mirade canto discurriron! E así deu comezo hoxe o noso proxecto, que estará intimamente relacionado coa igualdade de xénero: mulleres artistas en distintas disciplinas que loitaron pola igualdade a través da súa obra.
Por suposto pedir desde aquí moitísima axuda tal e como solicitaron os peques ás familias en canto a recursos que poidades aportar sobre o tema (fotos, libros, contos, videos, recortes do xornal, enciclopedias, vindo a facer algunha actividade artística...) Coma sempre, estou segura de que contaremos coa mellor das colaboracións. E se algún blog colaborador aporta tamén recursos serán moi ben recibidos! Graciñas de antemán!
Hola: desde UN PROYECTO ENTRE TODOS te informamos que ya hay un capítulo en el sites sobre arte (en general), te dejamos el enlace para que puedas ver todo lo aportado anteriormente y añadiremos los nuevos enlaces que te vayan dejando.
ResponderEliminarhttps://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/arte-general
Mucha suerte con tu proyecto
ANA, MIREN, NOELIA, FINI Y MIREIA
Dende pequesreboreda dámosche un par de ideas, podes navegar pola páxina do artista francés, HERVET TULLET, ten libros coma Juego de dedos editado en Kokinos entre outros. Na súa páxina podes ver moitas actividades artísticas que facer cos peques na aula e tamén ten xogos online para experimentar coas formas e a cor.
ResponderEliminarTamén che recomendamos o libro "El punto", tamén da editorial Kókinos, xenial para facer un mini proxecto cos nen@s na aula e colgar as súas obras de arte partindo de algo tan sinxelo coma debuxar un punto.
Da editorial Serres tes a colección de Olivia que é unha porca que pinta. Os libros están moi ben e podes traballar as súas obras na aula.
Esperamos terche axudado.
Boa sorte neste novo proxecto.
Moitísimas grazas, Miren e profe Vero! Todos eses recursos serán de gran axuda para investigar! Graciñas por compartilos!! Unha aperta grande!
ResponderEliminarComo me gusta este proxecto que se note que as mulleres tamen pintamos moito no mundo do arte as nosas mans poden dar moito xogo a hora de crear. Un bico profe seguro que imos disfrutar moito xuntos, coma sempre,
ResponderEliminarE tanto que é necesario reflexionar sobre o papel da muller no mundo da arte... Cantas mulleres artistas hai e que pouco se fala delas! Penso que vai a ser un proxecto cheo de experiencias e do gusto dos pequechos. E con mamis tan creativas coma ti dispostas a colaborar, isto vai a ser un regalo! Graciñas, Belén! Un biquiño!
ResponderEliminarEspero non chegar tarde, pero é que andaba a buscar unhas cousas e atopei isto... deixocho por si vos podeser útil. "Proyecto mujeres escultoras" http://cuadernodebitacoradeunauladeinfantil.blogspot.com.es/2013/01/proyecto-mujeres-escultoras.html
ResponderEliminarUn saúdo
Estupendo, Isabel! Moitísimas grazas pola achega! Seguro que nos será moi útil!
ResponderEliminarUn biquiño!