Nos días previos á terrorífica noite de Samaín, cada neno/a trouxo unha cabaza da casa para decorala na clase. Nesta ocasión decidimos facer unhas BRUXAS PIRUXAS, para o cal utilizamos cartolina negra, témpera verde, alkil, plastilina branca, vermella e negra. Así de chulas lles quedaron aos pequechos!
BRUXA PIRUXA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Despois festexamos o SAMAÍN na aula pintándonos a cara, prendendo candeas arredor das bruxas e degustando un delicioso PASTEL DE CABAZA por cortesía da avoa de ÁLEX C.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO PASTEL. ESTABA RIQUÍSIMO!!
Unha estupendísima forma de celebralo. As cabazas quedaron preciosas e o pastel seguro que estaba riquísimo, non si? Unha aperta.
ResponderEliminaras cabazas de verdade estaban fermosas. E o pastel intentamos que saira ricooo, esperamos haber cumprido os obxetivos. jijiji
ResponderEliminarAs bruxas non tiñan desperdicio, preciosas e super orixinaissss, encantaronnos.
ResponderEliminarFelicitacions para a aboa de Alex. Anxo dixo que a tarta de calabaza estaba moi boa.
ResponderEliminar