O pasado mércores, día 30 de outubro, celebramos por fin o MAGOSTO no noso cole! Despois de tanto esperar para que non chovera e poder ir ao Monte Aloia, ao final tivemos que facelo no patio do colexio pero non nos importou porque o pasamos... FENOMENAL!! As castañas estaban deliciosas e despois de degustalas tivemos unha xornada de xogos populares organizada pola profe Rosa na que o pasamos xenial!!
Agradecer desde aquí a colaboración que, coma sempre, obtemos das familias aportando castañas para asar, piñas, pico e carozos para o magosto. GRACIÑAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario