O pasado venres fixemos unha excursión a Vigo para acudir ao teatro Caixanova, onde os peques puideron disfrutar coa obra: "NUNCABUNGA". Despois fomos a merendar á alameda e, de seguido, cruzamos a rúa para participar nun obradoiro artístico e visitar o museo. Alí faláronnos das catro estacións do ano e escoitamos a música de Vivaldi, mentres admirábamos os cadros e esculturas que alí había. Ata recoñecimos un cadro de MARUXA MALLO! Pasámolo en grande!
Que mañá máis completiña tivéchedes! Vese que o pasaron fenomenal. Un bico.
ResponderEliminar